Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ata 1.500 euros por non recoller os excrementos dos animais

Ata 1.500 euros por non recoller os excrementos dos animais

G24.gal 20/12/2021 15:12

Os gandeiros de Castrelo do Val enfróntanse a multas de ata 1.500 euros polos excrementos dos seus animais. Unha nova ordenanza municipal obrígaos a limpar as rúas de bosta. 

Un gandeiro, Isaac Boo, ten as vacas nunha corte, nunha vivenda unifamiliar, na mesma vila de Castrelo do Val, de maneira que teñen que pasar por varias rúas antes de chegaren ao prado onde van pacer diariamente.

Non as deixa no monte polos ataques do lobo, así que as vacas fan a viaxe dúas veces ao día: á mañá para ir ao prado, e á noite para volver. E deixan a súa pegada. "Dá casualidade de que algunha vai cagar onda a casa do que protesta, pero esporadicamente", di o veciño.

O alcalde, Vicente Gómez, rexeita polémica ningunha. A ordenanza, sinala, aprobouse por unanimidade e só houbo unha alegación: a de Isaac. 

"Un instrumento que nos permita actuar en determinado momento, cando se producen enfrontamentos entre veciños, sen ter que chegar á xustiza".

A ordenanza tamén regula o tránsito do gando polas zonas urbanas e a perturbación da convivencia polo ruído.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade