Atacan con spray pementa o candidado a lehendakari do PNV
Atacan con spray pementa o candidado a lehendakari do PNV
Imanol Pradales saía dun mitin en Barakaldo para ir ao debate de ETB
O candidato a lehendakari polo PNV, Imanol Pradales, sufriu un ataque cunha especie de spray pementa ao abandonar un mitin en Barakaldo.
Pradales ia en dirección á sede de ETB para participar nun debate electoral.
Segundo informou o PNV, unha persoa foi detida pola Ertzaintza como presunta autora do ataque e Pradales foi atendido no Hospital de Cruces.
"Non sabemos a que responde, pero este tipo de comportamentos, este tipo de sucesos, tennos que levar como sociedade á reflexión de se todo isto de tensionar, de crear división, de crear crispación é o camiño para unha sociedade como a vasca", sinalou o presidente do PNV, Andoni Ortuzar.
Pradales abandonou o hospital de Cruces e participará esta noite no debate electoral con todos os candidatos que programou a televisión pública vasca.