Cargando resultados...
Atlántica abre nova edición e amplía programa a 24 concellos
Atlántica abre nova edición e amplía programa a 24 concellos
O Festival Internacional de Narración Oral reúne máis de 30 narradores e narradoras na décimo primeira edición
Atlántica forma parte da Rede Europea de Cidades de Conto
Máis de 90 actuacións entre o 1 e o 9 de xullo
web Atlántica
G24.gal
30/06/2023 12:41
O Festival Internacional de Narración Oral abre décimo primeira edición. O que comezou sendo uha cita vinculada á cidade de Compostela foi despregándose nestes anos e esténdese agora en 24 concellos que acollerán aos máis de 30 narradores e narradoras desta edición.
Chegan de Portugal, Cuba, Cataluña tamén doutos lugares da península ademais dunha ampla presenza de Galicia. Máis de 90 actuacións entre o 1 e o 9 de xullo. Atlántica que forma parte da Rede Europea de Cidades de Conto estará tamén en Portugal.