Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan en Valencia a maior colección de España de animais disecados de especies protexidas

Atopan en Valencia a maior colección de España de animais disecados de especies protexidas

O investigado tiña unha nave en Bétera con máis de mil exemplares momificados de rinocerontes, osos polares e ata elefantes, 405 deles de especies protexidas

G24.gal 10/04/2022 13:14

Axentes da Garda Civil interviñeron na localidade valenciana de Bétera un total de 1.090 animais disecados, destinados ao contrabando e valorados nuns 29 millóns de euros. Trátase do maior achado de especies protexidas e unha das maiores de Europa.

A operación Valcites permitiu descubrir unha enorme nave industrial de 50 mil metros cadrados, onde estaban os exemplares e outros obxectos. O  seu propietario non está detido, pero si investigado polos delitos de contrabando e contra a protección da flora e a fauna.

Dos animais, 405 pertencen á catalogación do CITES, (a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres), algúns deles mesmo están desaparecidos como o oryx dammah, ou case extintos como o addax ou tigre de Bengala, informa a Garda Civil.

Entres as especies localizadas atoparon animais baixo diversos niveis de protección como o guepardo, leopardo, linces, osos polares, pantera das neves ou rinoceronte branco, e case 200 pezas de grandes cairos de marfil de elefantes.

 Un xulgado de Llíria fíxose cargo das investigacións.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade