Atopan morto o crego octoxenario desaparecido en Vigo dende o luns
Atopan morto o crego octoxenario desaparecido en Vigo dende o luns
O seu corpo apareceu no parque da Riouxa, no barrio de Teis, a dous quilómetros da residencia en que vivía
A Policía Nacional confirmou que o cadáver localizado este sábado nas inmediacións do parque da Riouxa, no barrio de Teis, é Ignacio Barrio, o crego desaparecido en Vigo dende o pasado luns.
O home, de 85 anos, saíra pasear e non regresou á hora da cea na residencia sacerdotal Nosa Señora da Guía. O centro no que vivía conseguiu falar con el esa noite pero o cura non logrou indicar onde estaba.
Tamén contactaron ao día seguinte, mesmo dende o 112, ata que o terminal deixou de dar sinal e perdéronlle a pista. Nas comunicacións, a Policía Nacional logrou unha localización que revisou varias veces sen éxito.
Unha familiar atopou este sábado o seu corpo nun lugar próximo ás vías do tren, nun desnivel bastante pronunciado, segundo o 112. Na recuperación do cadáver, que estaba a dous quilómetros da casa, participaron os bombeiros de Vigo.