Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan mortos cinco dos seis alpinistas desaparecidos en Suíza

Atopan mortos cinco dos seis alpinistas desaparecidos en Suíza

As condicións meteorolóxicas impediron o acceso á zona dos rescatadores que tiveron que demorar a busca dos desaparecidos ata este domingo á noite

Imaxe de arquivo da zona do suceso (REUTERS/Denis Balibouse) Imaxe de arquivo da zona do suceso (REUTERS/Denis Balibouse)
G24.gal 11/03/2024 11:27 Última actualización 11/03/2024 11:44

Cinco dos seis alpinistas desaparecidos o pasado sábado nun roteiro dos Alpes suízos foron atopados mortos esta noite pasada, mentres continúa a procura do sexto membro do grupo, informou este luns a Policía do cantón de Valais, onde se produciu a traxedia.

Os seis esquiadores realizaban o traxecto entre as localidades de Zermatt e Arolla, e perdéronse cando avanzaban no sector da Tete Blanche (Cabeza Branca), a 3.500 metros de altura e coñecido polas dificultades de orientación cando hai mal tempo.

As condicións meteorolóxicas moi difíciles, con refachos de vento que superaban os 100 quilómetros por hora e unha visibilidade próxima a cero, demoraron as operacións de salvamento por aire.

O equipo de cinco esquiadores rescatistas con moita experiencia que tentaba localizar aos desaparecidos tivo que dar marcha atrás cando se atopaba a 3.000 metros de altura ante o elevado risco de avalancha.

Entre as seis persoas desaparecidas, con idades entre 21 e 58 anos, cinco son membros da mesma familia.

A Policía explicou que durante a noite pasada un helicóptero conseguiu deixar preto dun refuxio de montaña, na zona de Tete Blanche, a tres rescatistas e un policía de montaña experimentados, que despois de dúas horas puideron chegar ao sector onde se sabía que os alpinistas quedaran varados.

Nese lugar descubriron os corpos de cinco das seis persoas desaparecidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade