Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o corpo sen vida do pescador desaparecido en Cortegada

Atopan o corpo sen vida do pescador desaparecido en Cortegada

As forzas de seguridade investigan as circunstancias da súa morte

Considérase a posibilidade de que caese ao río de xeito accidental

G24.gal 23/05/2022 20:08 Última actualización 23/05/2022 20:34

A Garda Civil atopou no Río Miño ao seu paso por Cortegada o corpo sen vida dun pescador que os servizos de emerxencia buscaban dende o pasado domingo. Os seus achegados denunciaron a desaparición contra o mediodía de onte ao non teren noticia do seu paradoiro.

Na zona de Vilanova da Barca, onde residía, os axentes atoparon a carón do río parte dos seus obxectos persoais, como o teléfono móbil e algúns aparellos de pesca. Tras vinte e catro horas de busca, en que participaron tamén o GES de Ribadavia, Protección Civil de Cortegada e a unidade de drons do AXEGA, os mergulladores da Garda Civil atoparon o seu cadáver nas inmediacións do peirao de Cortegada. 

As forzas de seguridade investigan agora as circunstancias da súa morte, considérase a posibilidade de que caese ao río de xeito accidental. O falecido, de 59 anos e nacionalidade romanesa, traballaba nunha empresa de corta de árbores en Cortegada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade