Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan restos de ósos humanos cerca do antigo castelo de Allairz

Atopan restos de ósos humanos cerca do antigo castelo de Allairz

O Instituto de Medicina Legal analizará os ósos para intentar identificar a quen pertencen

 Sospéitase que puideran ser do home de 90 anos que desaparecera na vila en 2017

 

G24.gal 13/09/2023 20:46 Última actualización 13/09/2023 21:00

Atopan restos óseos humanos na contorna do antigo castelo de Allariz. Unha brigada municipal do concello allaricense estaba realizando labores de limpeza da maleza nesa zona cando descubriron os restos.

Entre os ósos, que semella claramente que son humanos, atoparon un fémur. Unha das hipóteses que se manexa é que poidan pertencer a un home de 90 anos, veciño da vila de Allariz, que desaparecera en novembro de 2017.

Daquela, un amplo dispositivo da Garda Civil, Protección Civil e os veciños estivérao buscando por esa zona e tamén no río Arnoia. O Instituto de Medicina Legal analizará os restos óseos para determinar a súa identidade. O nonaxenario vivía na zona histórica, moi cerca de onde agora atoparon os restos óseos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos