Atopan sen vida a muller desaparecida en Oroso
Atopan sen vida a muller desaparecida en Oroso
O corpo apareceu nunha zona de difícil acceso no río Tambre
O 112 Galicia informou na noite do luns da aparición dun corpo sen vida nunha zona de difícil acceso no río Tambre, ao seu paso pola parroquia de Portomeiro, en Val do Dubra.
Ata o lugar acercáronse efectivos da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Val do Dubra. Segundo informa Emerxencias a na súa conta de Twitter, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.
O que si puideron confirmar é que o corpo atopado pertence á muller que desaparecera a principios do mes pasado en Oroso.
🔴 #AXEGAInforma de que, segundo indicaron as forzas da orde, o corpo atopado no concello coruñés de Val do Dubra é o da muller desaparecida no inicio de decembro en #Oroso. pic.twitter.com/YJed3TPemg
— 112Galicia (@112Galicia) January 3, 2022