Atopan sen vida o corpo do desaparecido en San Cibrao
Atopan sen vida o corpo do desaparecido en San Cibrao
Encontraron o cadáver nun inmonble próximo á súa vivenda
O home de 35 anos desaparecido en Cervo finalmente foi atopado morto. Deron co seu cadáver nun inmoble próximo á súa vivenda, en San Cibrao. O achado produciuse tras tres xornadas de busca, dende que o pasado luns o botaran en falta os seus compañeiros da planta de Alcoa.
Dende aquela, a Garda Civil puxera en marcha un dispositivo que procurou pistas por terra, por mar e por aire, coa intervención dun helicóptero que peiteou toda a zona. Tamén participaron no operativo os efectivos do GES de Cervo, que buscaron polo litoral cunha moto acuática.
Carlos Fernández, capitán da Garda Civil: "A busca consistiu no despregamento de medios na franxa costeira por todo o concello de Cervo, con patrullas por terra e cun helicóptero a buscar. Tamén colaborou o GES, con embarcacións pola costa no porto de San Cibrao".
O finado deixara a casa aberta coa tele acesa. Na súa vivenda, onde residía só, tamén atoparan a súa carteira e o seu teléfono móbil. Agora, as autoridades investigan as causas do seu falecemento.