Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un matrimonio de Barbadás sospeita que lles caeu un meteorito no patio da casa

Un matrimonio de Barbadás sospeita que lles caeu un meteorito no patio da casa

Piden axuda para identificar a pedra, do tamaño dun ovo de galiña

A rocha que atopou Antonio no patio da súa casa
G24.gal 16/09/2023 19:48 Última actualización 16/09/2023 20:19

Antonio, de segundo apelido Rocha, leva todo o día a voltas coa pedra que apareceu inesperadamente no seu patio. Co impacto, rompeulle un anaco.

"Mirei para o chan e vin algo estraño. Pareceume unha pedriña pero, ao lle botar a man, vin que non era normal (...). Se lle dá a alguén na cabeza, coidado!", comenta.

Ten o tamaño dun ovo de galiña e unha textura irregular, co interior alaranxado e arxiloso e unha capa externa máis sólida e rugosa.

"Ten coma se estivera ardida polos laterais. Paréceme estraño. Aos meus 66 anos nunca vira nada igual. Pensei que podía ser un meteorito, pero non estou seguro", di Antonio.

O que pretenden Antonio e a súa muller é que alguén lles axude a resolver o misterio, por iso pensaron en darlle difusión ao seu achado.

Mentres tanto, para que non se siga deteriorando, consérvana nun cacharro de cristal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade