Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atraca en Marín o buque insignia da Armada española

Atraca en Marín o buque insignia da Armada española

É o maior buque de guerra construído en España

G24.gal 28/04/2022 21:45

A cuberta de voo do Juan Carlos I ten algo máis de 200 metros de longo. Aquí poden aterrar e despegar avións e helicópteros. No seu hangar, o único portaavións da Armada Española, ten capacidade para 30 aeronaves.

Pero esta non é a súa única posibilidade, como buque anfibio, tamén ten un dique polo que poden entrar ou saír embarcacións directamente ao mar. 

É o buque de guerra máis grande de España pero tamén está preparado para misións humanitarias, pode chegar a albergar ata 1350 camas e pode funcionar como hospital flotante.
Esta semana desprazouse dende a súa base en Rota ata Marína para realizar probas co Centro de Medidas Electromagnéticas da Escola Naval Militar. Os alumnos da escola puideron visitalo durante esta escala.

Permanecerá atracado en Marín ata este venres pola tarde, cando parte para a súa base. O seu próximo destino serán unhas manobras no Mediteráneo no mes de maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade