Cargando resultados...
Atrancóuselle o camión nunha localidade ourensá por seguir o GPS
Atrancóuselle o camión nunha localidade ourensá por seguir o GPS
O condutor procedente de Bulgaria precisou a axuda dos bombeiros de San Cibrao para poder seguir o seu camiño no tráiler
Camión atrancado en San Cibrao/Bombeiros de San Cibrao, Ourense
G24.gal
19/08/2023 10:07
Un camión búlgaro permaneceu durante varias horas atrancado en Calvos, no concello ourensá de San Cibrao, por seguir as indicacións erróneas do GPS. rematou encaixado nunha estreita rúa.
Non é esta a primeira vez que un sistema de navegación confunde algún condutor polas estradas da provincia para levalos a lugares de dificil saída.
Unha dotación dos bombeiros de San Cibrao acudiu para axudar ao camioneiro e coa colaboración dunha empresa de guindastres lograron, despois de varias horas, dirixir o tráiler fóra do pobo para poder seguir o seu traxecto.
Tráiler atrancado en San Cibrao/Bombeiros de San Cibrao