Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta o número de adolescentes que van ao ximnasio

Aumenta o número de adolescentes que van ao ximnasio

O crecemento comezou despois da pandemia e a maioría deles busca adestramento de forza

Os expertos alertan dos perigos que pode entrañar adestrar sen supervisión e excederse co peso na busca dun corpo perfecto

G24.gal 12/12/2024 21:05 Última actualización 12/12/2024 21:19

No 2020 a vida convertérase nun deporte de interior, e iso nótase hoxe. O número de adolescentes que vai ao ximnasio aumentou dende aquela. Buscan sobre todo facer pesas e intentar conseguir un corpo perfecto. Aínda que ese deporte é saudable, facelo sen instrutor pode ser perigoso, e máis a esas idades.

Moitos, influídos por un mal uso das redes sociais, buscan unha imaxe corporal presuntamente perfecta, e os psicólogos alertan dos riscos de caer no exceso de esforzo na busca dese ideal. Din que pode derivar en dismorfia muscular, vigorexia, unha patoloxía que fai pensar que nunca é dabondo o peso que se levante cando se quere conseguir un ideal que nunca chega.

Para combater os perigos na saúde mental, nos que poden entrar tamén os trastornos alimenticios, e previr as lesións, os expertos recomendan contar sempre con supervisión e adaptar o adestramento a cada corpo e a cada idade.

Hai tamén adolescentes traídos ao ximnasio polos propios pais para combater o sedentarismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade