Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan a 26 os mortos polo tornado que afectou a Mississippi e Alabama

Aumentan a 26 os mortos polo tornado que afectou a Mississippi e Alabama

Os equipos de rescate buscan posibles vítimas entre os cascallos

O presidente Biden anunciou a declaración de zona catastrófica

Estragos causados polo tornado en Rolling Fork
G24.gal 26/03/2023 21:16 Última actualización 26/03/2023 21:24

O presidente dos Estados Unidos aprobou este domingo a declaración de zona catástrofica para os condados de Mississippi e Alabama máis afectados polo paso dun tornado. Hai case unha trintena de mortos e ducias de feridos, ademais de importantes danos materiais. Toda a rexión está en alerta porque a previsión para estas próximas horas anuncia máis tornados.

Unha das zonas máis afectadas polo tornado foi a cidade de Rolling Fork, onde a maioría da xente vive en casas prefabricadas, menos resistentes.

Este empregado dunha tenda conta que o establecemento era novo e xa non está. Cre que houbo mortos no local e que tamén despareceron outros negocios.

Katherine sobreviviu ao tornado no seu remolque na cidade de Silver City. Conta que esta treboada foi diferente, que sentiu un ruído estraño e comezou a rezar e que durou apenas nove minutos. 

Jack pensa que durou polo menos 15 minutos e explica que perdeu todos os camións que tiña, que non queda nada.

O tornado estragou todo o que atopou ao seu paso a medida que avanzaba polos estados de Mississippi e Alabama a 274 quilómetros por hora. As autoridades locais falan de 26 mortos e ducias de feridos, mentres os equipos de rescate buscan posibles vítimas entre os cascallos dos edificios, que quedaron completametne desfeitos.

O presidente dos Estados Unidos declarou nun comunicado que as imaxes de Mississippi son desoladoras. Biden falou co gobernador do estado para solidarizarse coas persoas que perderon familiares, casas e negocios e prometeu o envío de axuda federal para a reconstrución durante o tempo que sexa preciso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos