Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan en España os casos de afogamentos en praias e piscinas

Aumentan en España os casos de afogamentos en praias e piscinas

Os expertos aconsellan non bañarse cando as condicións do mar non sexan óptimas

Evitar imprudencias e vixiar de preto os máis pequenos son outras das recomendacións

G24.gal 12/08/2023 13:54 Última actualización 12/08/2023 14:35

No que levamos de ano, 268 persoas morreron afogadas en praias ou piscinas en España, 24 delas en Galicia. A nivel estatal é o peor dato desde o ano 2018. Indisposicións, descoidos ou o aumento das imprudencias poderían estar detrás desas cifras. Para previr afogamentos, desde a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia dannos uns consellos.

Cando acontece unha emerxencia nunha praia é fundamental a intervención dos socorristas, pero non todos os areais contan con servizo de salvamento.

Evitar imprudencias, cumprir as normas, como non meterse na auga cando hai bandeira vermella e vixiar de preto os máis pequenos... son algunhas das recomendacións dos profesionais para evitar afogamentos.

"En Galicia hai moitas correntes, hai moitas ondas, ás veces a xente se mete igual. Cos nenos, tamén hai que ter coidado cos manguitos que non son seguros... Ademais estas augas son moi frías, hai xente que está acostumado ao Mediterráneo e aquí hai que ir entrando na auga pouco a pouco, mollando as articulacións, se nos metemos de súpeto pode haber incluso un problema cardíaco", di Nuria Rodríguez Suárez, presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia.

E que debemos facer cando alguén se ve en apuros dentro da auga?

"En canto vemos unha persoa que está a afundirse ou que ten problemas, o primeiro que hai que facer é chamarnos aos socorristas se estamos na praia e senón chamar ao 112. É moi importante isto porque non queremos que haxa dous accidentados en lugar dun. En caso de que sexamos nós os que temos problemas na auga, é moi importante non nadar contracorrente para non cansarnos máis, intentar manter a calma e esperar a que veñan rescatarte", engade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade