Cargando resultados...
Aumentan os divorcios entre persoas de máis de 50 anos
Aumentan os divorcios entre persoas de máis de 50 anos
Na última década creceu a idade media dos homes e das mulleres que dilúen o matrimonio
G24.gal
23/11/2024 15:30
Última actualización 22/11/2024 20:58
Polo cambio social que supuxo a incorporación da muller ao mercado laboral, porque os fillos xa son maiores ou polo aumento da esperanza de vida. Por motivos así foise consolidando nos últimos anos unha tendencia: aumentan os divorcios entre persoas de máis de 50 anos.
Hai dez anos, un home divorciábase cunha idade media de 45 anos, e xa con case 49 anos en 2023. Hai dez anos, unha muller divorciábase cunha idade media de máis de 42 anos, e xa con máis de 46 anos en 2023.