Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan os osos no Pireneo catalán

Aumentan os osos no Pireneo catalán

O Grupo de Seguimento detectou máis de 40 exemplares en 2023

G24.gal 03/04/2024 07:42

O Pireneo catalán xa ten 41 exemplares de oso pardo.  A maioría son adultos, pero tamén hai cachorros. De feito, en 2023 naceron 16 crías nos Pireneos.

É unha das cifras máis elevadas desde que comezou a reintrodución deste animal no monte catalán. 

A Generalitat estuda aproveitar esta consolidación para impulsar un turismo de observación respectuosa. 

O Grupo de Seguimento do Oso tamén constatou que este ano hibernaron menos do habitual e tiveron máis actividade no inverno polas altas temperaturas e a pouca neve que houbo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade