A Xunta licitará en xuño a demolición do hotel de pacientes do CHUAC
A Xunta licitará en xuño a demolición do hotel de pacientes do CHUAC
Tamén a construción da torre polivalente e os accesos ao novo CHUAC
A previsión é que as obras arranquen a comezos de 2024
Ethel Vázquez di que a superficie construída do novo hospital triplicará a actual
O conselleiro de Sanidade e mais a conselleira de Infraestruturas ofreceron detalles do novo CHUAC. Presentáronlle o proxecto ao Colexio de Médicos da Coruña, ao que invitaron a participar no desenvolvemento do novo hospital, que lle vai prestar servicio ao 20 por cento da poboación galega.
A Xunta licitará en xuño a demolición do hotel de pacientes, a construción da torre polivalente e os accesos ao novo CHUAC. A previsión é que as obras arranquen a comezos de 2024. "Un novo hospital público onde a Xunta prevé investir 500 millóns de euros".
"De xeito inminente comezará a coller forma e o deseño resultante suporá multiplicar por tres a superficie construída", explicaba Ethel Vázquez.