Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso laranxa no litoral galego por ondas de ata oito metros de altura

Aviso laranxa no litoral galego por ondas de ata oito metros de altura

A situación no mar seguirá sendo complicada durante a xornada do luns

G24.gal 08/01/2023 20:13 Última actualización 08/01/2023 21:08

Este domingo choveu, pero de forma menos persistente. As precipitacións cedéronllle o protagonismo ao vento, en terra e especialmente no mar. En toda a costa galega mantense activo un aviso laranxa por ondas que superan os oito metros de altura.

Durante a tarde foi remitindo o vento marítimo, que chegou a ser de forza sete. O día comezara ventoso e con chuvias intensas por mor dunha borrasca situada preto de Irlanda. A semana comezará sen precipitacións, pero a situación no mar seguirá sendo complicada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade