Aviso vermello en cinco comunidades por neve, vento e mar malo
Aviso vermello en cinco comunidades por neve, vento e mar malo
Pamplona activa o grao 1 do plan de inundacións e pide retirar vehículos e a Rioxa está en prealerta pola posible enchente do Ebro
Hai máis de medio cento de estradas afectadas pola neve. Asturias, Huesca e Lleida son as que concentran máis complicacións
Mañá luns as cotas de neve poden baixar ata os 600 metros, salvo no noroeste onde tenderá a subir lixeiramente aos 1.000 metros
Alerta por inundacións
Pamplona elevou a grao 1 a activación do seu plan de emerxencia en inundacións e iniciou a solicitude de retirada dos vehículos das zonas inundables, ante a enchente do caudal dos ríos que atravesan a cidade.
O servizo de emerxencias SOS Rioxa activou este domingo na comunidade a fase de preemerxencia prevista no Plan Especial de Protección Civil ante Inundacións (INUNCAR) pola crecida anunciada no río Ebro nos próximos días.
SOS Rioxa activou esta fase tras os avisos recibidos desde a Sala do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH), da Confederación Hidrográfica do Ebro (CHE) e da predición na que se prevé unha variación significativa de caudais.
Avisos na península
Os Pireneos oscense e navarro; o Val de Arán, en LLeida, e a cordilleira cantábrica en Asturias, León e Palencia están en risco extremo por acumulacións de neve de 40 centímetros en 24 horas e nalgúns casos tamén por xistra.
A neve é o fenómeno máis significativo este domingo, no que persiste o temporal marítimo no mar cantábrico e no mar balear, e o temporal de vento, que ademais se intensificou.
O vento xa alcanzou onte cifras de marca en Cataluña, con refachos de ata 174 quilómetros por hora. As caídas de árbores deixaron unha muller ferida grave en Cornellà de Llobregat e 150 pasaxeiros atrapados dúas horas nun tren na provincia de Tarragona.
A Confederación Hidrográfica do Ebro prevé ao longo deste domingo un aumento importante dos caudais dos ríos en Burgos, Álava e Navarra, en certos casos con posible carácter extraordinario.
Prognostícase que este episodio invernal continuará mañá con cotas de neve incluso máis baixas. O que se espera que vaia a menos é o temporal de mar e vento.
Avisos da AEMET na península
A Aemet activou o aviso vermello en varias zonas de Aragón, Asturias, Castela e León, Cataluña e Navarra por forte vento, mala mar e nevadas; hoxe é o día álxido do temporal de frío do Ártico que entrou onte polo norte peninsular e que vai ir recruando ao longo desta xornada.
08/12 11:24 #AEMET actualiza #FMA en Cataluña. Activos HOY y MAÑANA. Nivel máx rojo. Imagen del mapa de avisos en vigor a las 11:24 . Para ver una tabla de avisos actualizada haga CLIC EN LA IMAGEN o visite https://t.co/hGk2ZBpnoc https://t.co/rfXfx4bvig
— AEMET (@AEMET_Esp) December 8, 2024
Outras cinco comunidades autónomas están en aviso laranxa por vento e fenómenos costeiros: as Illas Baleares, Cantabria, Galicia, País Vasco e Comunidade Valenciana.
08/12 09:01 #AEMET #FMA nivel rojo por nevadas para hoy en Aragón, Castilla y León, Asturias, Navarra y Cataluña . . Imagen en vigor a las 09:01 (tabla actualizada haciendo CLIC EN LA IMAGEN), o visite https://t.co/aIJV7DDYto https://t.co/KlmuXI7fLl
— AEMET (@AEMET_Esp) December 8, 2024
En nivel vermello por nevadas están o Pireneo oscense e navarro, o val de Arán en Lleida, e a cordilleira cantábrica en Asturias, León e Palencia, onde as acumulacións de neve pode ser de 40 centímetros en 24 horas por encima de 1.200 metros, con posibilidade de xistra, e acumulacións menores en zonas inferiores.
08/12 11:00 #AEMET actualiza #FMA en Asturias. Activos HOY y MAÑANA. Nivel máx rojo. Imagen del mapa de avisos en vigor a las 11:00 . Para ver una tabla de avisos actualizada haga CLIC EN LA IMAGEN o visite https://t.co/yLWNE4SE5H https://t.co/2J4V2iOaQD
— AEMET (@AEMET_Esp) December 8, 2024
No Pireneo oscense e no val de Arán déronse temperaturas por baixo dos 10 graos baixo cero nas últimas horas.
O vento soprará moi forte este domingo en Tarragona, Lleida, Xirona, Castelló, Huesca, Zaragoza, e Teruel, con refachos que poderían superar os 100 quilómetros por hora, e mesmo pode chegar ata os 120 nas zonas máis altas.
Todo o litoral norte, as Illas Baleares e Tarragona están en aviso laranxa por moi mala mar debido ao forte vento do nororeste (forza 7 ou 8 nalgúns casos) que pode traer ondas de ata 8 metros nalgún caso.
Co temporal vén unha masa de aire do Ártico que está a producir un descenso térmico cosiderable.
Mañá continúan as nevadas en zonas altas e o vento no leste peninsular e Baleares
Mañá luns continuará o episodio invernal, con cotas de neve lixeiramente máis baixas, entre 600 e 900 metros, salvo no noroeste onde tenderá a subir lixeiramente aos 1.000-1.200 metros.
Toda a Península como Baleares seguen mañá baixo a influencia dunha masa de aire ártico xunto ao achegamento dunha borrasca mediterránea, que deixará precipitacións en amplas zonas da metade norte peninsular e Baleares, sen descartarse algúns chuvascos en Alborán. Serán máis abundantes e persistentes no Cantábrico oriental e Pireneos.