Ata 3.000 euros en axudas para mellorar a imaxe exterior de vivendas e equipamentos
Ata 3.000 euros en axudas para mellorar a imaxe exterior de vivendas e equipamentos
Ata 3.000 euros para particulares e 40.000 para concellos co obxectivo de mellorar a imaxe exterior de edificacións e equipamentos
A convocatoria deste ano estará aberta do 20 de xaneiro ao 19 de febreiro
Son axudas dirixidas a mellorar esteticamente as construcións, sexan vivendas, edificacións auxiliares ou peches. Cun máximo de tres mil euros por beneficiario, subvenciónanse pequenas intervencións coma o pintado ou revestido da fachada.
A primeira convocatoria o ano pasado repartiu dous millóns de euros entre máis de 500 beneficiarios de 222 municipios galegos. Ademais das actuacións particulares, hai subvencións para que concellos de menos de 20.000 habitantes poidan mellorar edificacións ou equipamentos públicos.
O prazo de solicitude este ano estará aberto do 20 de xaneiro ao 19 de febreiro para os particulares, e estenderase ata o 28 de febreiro para os concellos.