Publicador de contidos
Publicador de contidos

Badosa loa a progresión de Jessica Bouzas, que acaba de entrar entre as 100 mellores da WTA

Badosa loa a progresión de Jessica Bouzas, que acaba de entrar entre as 100 mellores da WTA

A galega logrou este luns a súa primeira vitoria nun WTA 1.000

G24.gal 23/04/2024 12:16 Última actualización 23/04/2024 12:37

Jéssica Bouzas  marcou un novo fito na súa extraordinaria evolución este 2024. A galega logrou este luns a súa primeira vitoria nun WTA 1.000, o segundo rango entre os torneos do circuíto profesional de tenis, tan só por baixo dos catro grand slams.

Paula Badosa loa a progresión e o xogo da galega.

"Jessica acaba de entrar no Top 100. Nunca esquecerei ese momento. Vén con confianza".

"Pode facelo moi ben no futuro. Vina hai catro anos e tiña moito potencial".

Na pista 4 das instalacións da Caixa Máxica, a vilagarciá derrotou na primeira rolda da previa do Mutua Madrid Open á estadounidense Claire Liu, de 23 anos e actual número 115 da clasificación mundial, por 6-2, 2-6 e 6-4 tras 2 horas e 6 minutos de partido.

Con este resultado, Jéssica sitúase a un triunfo de acceder ao que se convertería no primeiro cadro final dun WTA 1.000 do seu aínda nova carreira. Para iso, deberá derrotar este martes á tamén estadounidense Sachia Vickery.

De 28 anos e número 129 da clasificación WTA, Vickery colaboraba este luns coa vilagarciá no seu ascenso a terceira tenista española do mundo ao derrotar a Rebeka Masarova por 6-4, 4-6 e 6-1.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos