Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baile de números nas participacións da Lotería de Nadal da confraría da Virxe do Rosario da Coruña

Baile de números nas participacións da Lotería de Nadal da confraría da Virxe do Rosario da Coruña

Venderon 1.500 participacións do número 40.477

Aconsellan quedar con elas porque o número que realmente teñen é o 04.477

G24.gal 12/12/2023 13:55

O erro consistiu nun baile de números das dúas primeiras cifras. As participacións, que comezaron a vender o 7 de outubro coincidindo coa festividade da Virxe do Rosario, teñen o número 40.477, pero o número correcto é o 04.477.

"Decatouse unha veciña. Díxomo o 5 de decembro. Xa levabamos vendidas arredor de 1.500 participacións de cinco euros cada unha, e deses, un euro é de donativo que dedicamos sempre a obra social", explica Juan Miguel Equiza, párroco da igrexa de Santo Domingo.

E xa comezaron a traballar arreo para tratar de rectificar.

"Se non me chegan a avisar, eu daríame conta o día 18 ou 19 e daquela sería todo moito peor. Si quero deixar claro que esas participacións si teñen validez. Así que aconsello que quen teña os boletos co número 40.477, que os garden porque realmente teñen o número 04.477", engade o padre Equiza.

Aclarado o erro, haberá que agardar ao sorteo do 22 de decembro para saber se a sorte se detén aquí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade