Baiona regresa á Idade Media na súa Festa da Arribada
Baiona regresa á Idade Media na súa Festa da Arribada
O ano pasado suspendérase por mor da pandemia
Tras un ano de ausencia, a Festa da Arribada volveu a Baiona con todo o seu esplendor. Milleiros de persoas quixeron gozar dunha cita moi agardada e adaptada ás novas circunstancias para conmemorar a chegada da carabela Pinta.
A vila volveu engalanarse para conmemora a historia do descubrimento de América recreando o ambiente dunha época que nos fai retroceder á Idade Media. A festa foi declarada de Interese Turístico Internacional.
Nesta festa, declarada de interese turístico internacional, hai exhibicións de esgrima na praia, pasacalles e sobre todo moita música.
Un dos seus grandes atractivos é o mercado medieval, onde non poden faltar os postos de comida, a artesanía e os xogos para os máis pequenos e pequenas da casa.
Baiona recibe cos brazos abertos os visitantes dunha festa que encheu case por completo os hoteis do municipio, cunha ocupación media do 90 %.
Tras varios días de troula, a Arribada despídese con bo sabor de boca, con aplausos e coa mente posta na edición do vindeiro ano.