Publicador de contidos

Publicador de contidos

Balaídos prepara unha festa contra o Español para iniciar o asalto a Europa

Balaídos prepara unha festa contra o Español para iniciar o asalto a Europa

Este sábado (18:30 horas) o Celta comeza as últimas oito xornadas do campionato coa permanencia amarrada e a ilusión do regreso europeo

G24.gal 11/04/2025 21:16

Coa permanencia amarrada e posicionado na sétima praza Claudio Giráldez adopta un lema que circula xa entre o celtismo e que define este momento da temporada. Gozar sen presion. O adestrador di que Europa non pode ser unha esixencia. 

Preséntase o Español en Balaídos antes de que o Celta visite o Barcelona. Os tres puntos ante os de Manolo González parecen máis asequibles. Antes de visitar ó líder haberá un adestramento de portas abertas, o xoves en Balaídos. Pero este sábado xa se agarda un ambiente festivo na procura dun triunfo para seguir apuntando alto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos