Cargando resultados...
Baltar nega ante o Supremo que conducise a máis de 200 por hora pola A-52
Baltar nega ante o Supremo que conducise a máis de 200 por hora pola A-52
Confirmouno o seu avogado, quen apuntou que non houbo unha acción delituosa
G24.gal
19/12/2023 13:36
O senador do PP José Manuel Baltar negou hoxe ante o Supremo que conducira a máis de 200 quilómetros por hora na noite do 23 de abril pola A-52.
Confirmouno o seu avogado, quen apuntou que non houbo unha acción delituosa, polo que non tería sentido, dado o carácter de aforado de Baltar, que se envíe o suplicatorio ao Senado por un delito contra a seguridade viaria. Insistiu ademais en que os feitos xa foron resoltos.