É barbeiro con 83 anos e non ten intención de retirarse
É barbeiro con 83 anos e non ten intención de retirarse
En España máis de 200.000 persoas traballan malia teren superada a idade de xubilación
A barbería de Xosé mantense intacta a través do tempo, nela conserva colonias e masaxes, tamén navallas de aceiro e asentadores para suavizar o corte.
Leva 74 anos e pode repetir os xestos sen mirar. Coñece os segredos do afeitado como un enxeñeiro da barba cun master en remuíños e coitelas.
Herdou a barbería do seu pai, que morreu cando él tiña dez anos, daquela contrataron a un empregado e Xosé empezou a defender o negocio aos dezanove. Aprendeu mirando. Nas academias non esá toda a sabedoría.
Ten clientes que fan 24 quilómetros para que Xosé lles corte o pelo ou os afeite.
Non pensa en xubilarse, non lle doe ren e non ten poqué. A barbería é o seu mundo, o seu aliciente de cada día.