Publicador de contidos
Publicador de contidos

Barça-Tenerife e Real Madrid- Valencia, as semifinais da Copa do Rei de Baloncesto

Barça-Tenerife e Real Madrid- Valencia, as semifinais da Copa do Rei de Baloncesto

G24.gal 17/02/2024 14:30

Manresa saíu coas uñas afiadas e disposto a estragar a festa. A falta de tres minutos estaba un arriba, excelente partido de Taylor. 17 puntos... Pero aí reaccionou o Barça, cun enorme Jabari Parker, catro puntos e un tapón clave. E cunha atinada defensa á que puxo broche este roubo e mate de Satoranski. Parcial de 14-4 neses minutos finais e triunfo culé por 102 a 91

Na semifinal o Barça vai topar con Tenerife. Equipo en forma. O que ás veces lle perden os detalles. Como o de Diop soltando a man por abaixo, buscando a cara do rival, para despistalo no salto inicial. Acción fea. Desas que merecen máis que unha simple falta. Detalles aparte, o encontro resolveuse tamén nos minutos finais. A falta de 5 estaba empatado. Pero aí Unicaja acusou a presión, os nervios e tirou o partido. Tenerife meteulle 17 puntos neses cinco minutos para o 91-83 final. A salientar a actuación do avó, Doornekamp, 25 puntos e o de Guy con outros 25 e 30 de valoración.

E hai que destacar a final do baile de mascotas. Co noso Breo Maximus, fronte a Link, do Zaragoza. A votación vai axustada. E segue aberta nas redes sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade