Beade volve instalar o monumento de Semana Santa na igrexa 20 anos despois
Beade volve instalar o monumento de Semana Santa na igrexa 20 anos despois
É unha peza única que dende o século XVIII se instalaba na igrexa de Santa María de Beade para explicar en Semana Santa a Paixón de Cristo, con escenas pintadas en madeira e tea
Esta Semana Santa é especial en Beade porque, despois de máis de 20 anos gardado, o monumento desmontable do século XVIII volve lucir na igrexa de Santa María.
É unha peza única que dende o século XVIII, calculan, se instalaba na igrexa de Santa María de Beade para explicar en Semana Santa a Paixón de Cristo, con escenas pintadas en madeira e tea.
O monumento ve agora a luz despois de máis de 20 anos gardado, deixouse de montar polo seu estado de deterioración. Volver a colocalo no altar foi para os participantes moi ilusionante.
Durante os 20 anos en que non se instalou, as madeiras estiveron gardadas no antigo cárcere e as teas na casa consistorial. Cando foi o estoupido da bomba hai dez anos, custodiounas unha veciña.
Para a vindeira semana está previsto que se acheguen ata Beade dous catedráticos de Historia da Arte especializados en pintura barroca para avaliar o estado do monumento e estudar unha restauración.