Belén Toimil revalida o ouro no Campionato de España de pista cuberta
Belén Toimil revalida o ouro no Campionato de España de pista cuberta
Semilesionada, a mugardesa só fixo dous lanzamentos pero valeulle para gañar
Ourense acolle os campionatos de España en pista cuberta. E este serán houbo dúas citas importantes para a participación galega.
E Belén Toimil segue gobernando con puño de ferro o lanzamento de peso. Revalidou o seu título, aos que hai que engadir os dous últimos campionatos de España ao aire libre. Co seu primeiro lanzamento, de 16.18, púxose de líder. E despois lanzou 16.89 no segundo. E xa non realizou lanzamentos por estar semilesionada. Suficiente para acadar este novo título.
A final dos tres mil metros gañouna Solange Pereira cun tempo de 9.17.63. Lanzou o seu ataque cara ao final da proba e ninguén puido seguila, entrou con case dous segundos sobre Carla Gallardo. Tiña 3 campionatos no 1.500, e agora suma o primeiro na distancia superior. Ester Navarrete quedou de quinta. Xela Martínez, aos seus 16 anos, pagou moito o esforzo das semis, entrou de última, con 30 segundos máis que a marca de onte.