Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derrota do Bergantiños ante o Marino de Luanco (1-2)

Derrota do Bergantiños ante o Marino de Luanco (1-2)

Os de Carballo non conseguen puntuar na casa nun encontro en que tiveron moitas ocasións

G24.gal 08/12/2024 16:44 Última actualización 08/12/2024 19:12

O Bergantiños caeu derrotado ante o Marino de Luanco 1-2, nun partido no que, a pesar das ocasións, os locais non foron quen de puntuar. Nunha primeira metade que semellaba tranquila, con poucas ocasións para cada equipo, comezaría a acción cara ao final da mesma con dous goles de cada equipo.

No minuto 34 anotaba Marcos Remeseiro e tomaba vantaxe o Bergantiños, mais cando xa semellaba que os de Carballo irían ao descanso por diante no marcador viría o tanto de Isma Cerro para o Marino que poñía as táboas no encontro no minuto 41.

Arrincaba a segunda metade cun Bergantiños que mantiña o dominio con bastantes ocasións. O Marino non tería ningunha moi clara máis aló do gol anulado por fóra de xogo, mais cando xa parecía que o partido quedaría en empate viría, no minuto 84, o gol para os visitantes por parte de Adolfo tras un saque de curruncho que impediu ao Bergantiños puntuar na casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos