Publicador de contidos
Publicador de contidos

Betanzos queda este ano sen o seu tradicional globo de san Roque entre o desgusto da veciñanza

Betanzos queda este ano sen o seu tradicional globo de san Roque entre o desgusto da veciñanza

A alcaldesa pediu desculpas á veciñanza e negou causas económicas, de falta de material ou de espazos públicos para a súa fabricación

G24.gal 17/07/2023 21:29 Última actualización 17/07/2023 22:25

Desgusto e pesar entra a veciñanza tras confirmarse que este ano o globo de San Roque non voará o ceo de Betanzos.  

Nun comunicado, a Fundación do Globo anunciaba a decisión o pasado venres. No documento, asinado por todos os membros —o Concello, a familia Pita e as persoas colaboradoras—, aluden a razóns alleas á propia fundación sen aclarar como se chegou a esta situación. Si que se recoñece que non dá tempo a confeccionar o globo.

Este luns a alcaldesa e presidenta da Fundación do Globo pedía desculpas á veciñanza e negaba cuestións económicas, de falta de material ou de espazos públicos para a súa fabricación.  Así mesmo, engadía: "Comprendo a dor que os veciños e as veciñas teñen, que é compartida pola Fundación. É imposible minimizar a dor, pero trataremos de minimizar a repercusión económica que de seguro traerá consigo que non se eleve o globo".

A Fundación fixo público o seu compromiso para que de aquí en diante Betanzos conte todos os anos co seu emblemático globo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos