Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres camións cisterna substitúen, polo menos ata o mércores, a auga da billa en Betanzos

Tres camións cisterna substitúen, polo menos ata o mércores, a auga da billa en Betanzos

Sanidade confirmou que volve estar presente na auga un virus como o que ocasionou en maio un gromo de máis de 500 casos de gastroenterite

G24.gal 24/07/2023 13:56

Os veciños de Betanzos pensaban que xa non terían que pasar outra vez por isto. "Dixeron que non estaba a auga para beber e veño por isto". 

Hai tres camións cisterna repartidos pola vila, despois de notificar sanidade que a auga da traída, de novo, non é apta para o consumo pola presenza de noravirus.

Deste xeito tratan de evitar un posible gromo masivo de gastroenterite como sucedeu a finais do mes de maio. A paciencia dos betanceiros empeza a estar xa ao límite. Sobre todo nos negocios de hostalería

As cisternas van manterse operativas en principio ata o mércores, que é cando está previsto que volvan reunirse técnicos de Sanidade, o Concello e a concesionaria do abastececemento. Os resultados das análises determinarán se é posible levantar as restricións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos