Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bildu reclámalles políticas abertzales ao próximo goberno vasco do PNV e aos socialistas

Bildu reclámalles políticas abertzales ao próximo goberno vasco do PNV e aos socialistas

O PSE esixirá máis cota de poder na coalición

Os partidos reuniron este luns as súas executivas para analizar os resultados electorais

G24.gal 22/04/2024 20:16 Última actualización 22/04/2024 20:24

As urnas confirmaron a tendencia á baixa do PNV, pero non rebaixan a euforia dos jertzales. Perderon catro escanos e empataron con Bildu, que subiu seis. Pero gañaron pola mínima en votos e Imanol Pradales poderá ser lehendakari. Coa axuda dun Partido Socialista á alza, que lles reclama máis cota de poder na coalición.

"O PNV sufriu un importante desgaste e nós subimos, e somos nós os que lles damos a maioría, así que a nosa fortaleza é moito maior", di Eneko Andueza, o secretario xeral do PSE.

Adoni Ortuzar, presidente do PNV, responde: "Imos que que falar máis tempo de programa que de repartición de cargos. Pero somos vellos coñecidos e imos entendernos".

O PNV non considera que haxa un cambio de ciclo en Euskadi, como defende Bildu. Á vista dos resultados, Otegi reclama sitio para as políticas abertzales no próximo Goberno vasco.

"55 de 75 parlamentarios pensamos que Euskalerría ten dereito a decidir. As políticas que se teñen que aplicar teñen que ser máis abertzales, máis soberanistas e máis de esquerda. Pero non porque o diga Bildu, senón porque foi o que votaron os vascos", afirma Arnaldo Otegi, coordinador xeral de EH Bildu.

Desde o PP culpan o PSOE do ascenso dos independentistas.

 "Evidénciase, unha vez máis, que Pedro Sánchez é unha máquina de votos para os independentistas", di Borja Sémper.

Os populares celebran os resultados, medraron en votos e gañaron un escano. Tamén Sumar fai lectura positiva, cun único deputado. Empatado con Vox, que mantén o que xa tiña. Quen desaparece do Parlamento vasco na próxima lexislatura é Podemos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade