Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bizarrap, Leiva, Maluma, The Kooks e Aitana, no Son do Camiño

Bizarrap, Leiva, Maluma, The Kooks e Aitana, no Son do Camiño

Este venres sairán á venda as últimas entradas para o festival, que se celebra os días 15, 16 e 17 de xuño no Monte do Gozo de Santiago

G24.gal 30/03/2023 12:44

Bizarrap, Leiva, Maluma, The Kooks, Aitana e Vetusta Morla foron anunciados este xoves como cabezas de cartel do festival O Son Do Camiño, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de xuño no Monte do Gozo de Santiago.

Na primeira xornada actuarán o arxentino Bizarrap e o cantautor español Leiva, acompañados de grupos como Viva Suecia, Marlon ou Eladio Carrión.

O segundo día estará protagonizada polo compositor colombiano Maluma e pola banda de indie rock británica, nunha xornada na que tamén actuará o galego Xoel López ou o grupo australiano de rock Wolfmother.

O peche do festival correrá a cargo de Aitana, Duki, Vetusta Morla, Kaiser Chiefs ou o dúo de rock alternativo Royal Blood, entre outros.

Ademais, a organización anunciou que mañá, 31 de marzo, sairán á venda as últimas entradas para o festival despois de que o pasado mes de decembro se esgotasen os 30.000 abonos 'a cegas' do festival, con prezos que partían dos 69 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade