Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous anos despois, por mor da toxina, en Barallobre volven apañar vieira

Dous anos despois, por mor da toxina, en Barallobre volven apañar vieira

A campaña arranca con bos resultados

Agardan extraer trinta toneladas deste bivalvo nestas semanas

G24.gal 20/04/2023 14:34

Este xoves foi o cuarto e último día desta semana que foron extraer a vieira. A campaña comezou o luns e os dez barcos que participan nela teñen un tope de dous mil quilos diarios deste bivalvo que están a extraer nestas xornadas sen ningún tipo de problema.

Levaban dous anos, desde abril de 2021, sen poder extraer a vieira por mor da toxina. Agora, tras catro días de campaña din estar máis ca satisfeitos, porque aseguran que o produto é abundante e de moi boa calidade. 

Agora están pendentes dos resultados das últimas analíticas. Confían en que sexan favorables para retomar a extracción o próximo luns.

Con este bo arranque agardan facer unha segunda campaña entre os meses de setembro e outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar