Pensionistas de Lugo boicotean a banca pola exclusión financeira
Pensionistas de Lugo boicotean a banca pola exclusión financeira
Convidan a non utilizar a tarxeta nin os caixeiros como medida de protesta
Séntense excluídos das aplicacións informáticas para operar coas entidades
A Asociación de Pensionistas e Xubilados de Lugo pídelle á cidadanía que nesta xornada non use os caixeiros nin as tarxetas como medio de pago. Reclaman solidariedade coa poboación de maior idade, afectada pola exclusión financeira.
Protestan polo funcionamento, cada vez máis estrito, das entidades bancarias, que deixa á marxe moitas persoas afeitas a facer as súas xestións nas oficinas físicas.
O ano pasado, a falta de contabilizar o último trimestre, pecharon en España 2.500 sucursais. Desde a crise do 2008, máis de 25.000 deixaron de ofrecer servizos de atención persoal.
Nestes momentos, a maioría das entidades bancarias utilizan as aplicacións informáticas para operar coa clientela. O problema é que boa parte da poboación non ten capacidades dixitais, ou ben pola idade ou por falla de medios.
De novo o 5 de marzo repetirase este boicot contra a banca que chama a non utilizar os caixeiros nin as tarxetas.