Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bolaños: "O Goberno actuará" se non hai acontecementos sobre Rubiales

Bolaños: "O Goberno actuará" se non hai acontecementos sobre Rubiales

O ministro da Presidencia di que desde o Goberno "estamos seguindo moi de preto este feito" e agarda a coñecer a decisión que tome a asemblea da RFEF sobre o seu presidente

G24.gal 24/08/2023 12:03 Última actualización 24/08/2023 12:15

O Goberno "actuará" en caso de que non se produzan "acontecementos" sobre a situación de Luís Rubiales á fronte da Federación Española de Fútbol (RFEF), afirmou este xoves o ministro da Presidencia, Félix Bolaños.

"Desde o Goberno estamos a seguir moi de preto este feito porque as cousas non poden quedar así. Desde logo esperamos acontecementos, pero se non se dan, se non se producen, o Goberno vai actuar", asegurou Bolaños durante unhas declaracións á prensa no marco dunha visita oficial a París.

O ministro respondeu así a unha pregunta sobre a posibilidade de que a asemblea extraordinaria que celebrará este venres a RFEF acorde unha suspensión temporal de Rubiales, en lugar dun cesamento ou dimisión do seu presidente.

Bolaños dicía tamén que "máis alá desta polémica é esencial que sexamos conscientes do cambio que tivo a sociedade española nos últimos anos. Á sociedade española xa lle parece intolerable que haxa comportamentos machistas, que se bique unha muller sen o seu consentimento".

É por iso que o ministro da Presidencia tamén expresaba o seu "orgullo dun país que non tolera comportamentos machistas", e que expresa "vergoña cando se producen".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade