Bolaños recrimina ao PP que "non lle importe danar a xente" e Bendodo di que a Sánchez "non lle pode saír gratis" o apoio de Bildu
Bolaños recrimina ao PP que "non lle importe danar a xente" e Bendodo di que a Sánchez "non lle pode saír gratis" o apoio de Bildu
Bolaños recrimina ao PP que "non lle importe danar a xente" e Bendodo di que a Sánchez "non lle pode saír gratis" o apoio de Bildu
O Goberno sacaba adiante esta semana o decreto de medidas anticrise, co apoio de EH Bildu
O Partido Popular votaba en contra dese decreto
O Goberno sacaba adiante o xoves pasado o decreto de medidas urxentes para mitigar as consecuencias económicas da guerra en Ucraína. Pois ben, hoxe o ministro da Presidencia, Félix Bolaños, recriminoulle ao PP, que co seu voto en contra a ese decreto de medidas anticrise, non lle importe "danar a xente". Mentres, desde o Partido Popular, Elías Bendodo asegurou que a Pedro Sánchez "non lle pode saír de balde" o apoio dos "herdeiros da ETA", en referencia a EH Bildu.
"É incomprensible que haxa partidos como o PP, que fan oposición e que non lles importe danar a xente, porque iso significa que perderon o norte por completo, perdérono con Casado e ségueno perdendo co señor Feijóo. Un partido político ten que mellorar e traballar para intentar facilitar a vida das persoas e non prexudicalas como fixo o PP intentando tombar o decreto esta mesma semana", dixo Félix Bolaños, ministro da Presidencia.
"O que pasou estes últimos días no Congreso de deputados non lle pode saír gratis ao socialismo, nin ao sanchismo, porque hai barreiras que non se poden sobrepasar, nin liñas que se poidan superar. Esta semana superáronse todas as barreiras por parte do socialismo. Pedro Sánchez deixouse secuestrar polos herdeiros da ETA, por Bildu", asegurou Elías Bendodo, coordinador xeral do PP.