Bono brinda un "concerto pola paz" nunha estación de metro de Kíiv
Bono brinda un "concerto pola paz" nunha estación de metro de Kíiv
Actuou por sorpresa, e sen previo aviso, ante grupos de cidadáns emocionados
O cantante irlandés Bono, líder da banda U2, brindou este domingo un concerto espontáneo desde unha estación de metro de Kíiv, como achega persoal á paz. Coincide co denominado Día da Vitoria sobre a Alemaña Nazi e a fin de II Guerra Mundial en Europa co triunfo dos aliados.
"Todos rezamos con vós para que poidades alcanzar cedo a paz", afirmou Bono, conforme ás imaxes colgadas nas redes sociais por varios portais ucraínos, en alusión ao sanguento conflito irlandés e á guerra que sofren os ucraínos.
O cantante tomou o micro e interpretou para ducias de cidadáns congregados na estación algunhas pezas xa míticas do seu repertorio, como 'Desire' e 'With or without you', pero as emocións desbordáronse cando cantou 'Stand by me', inmortalizado polos asistentes.
A actuación de Bono foi por sorpresa, sen previo aviso, e como unha máis da actividades do cantante en causas humanitarias en distintas partes do mundo, sexan en situación de guerra, contra a fame ou contra desastres globais.