Borracheira goleadora en Irún na derrota do Cisne
Borracheira goleadora en Irún na derrota do Cisne
O Bidasoa sentenciou no segundo tempo cun triunfo por 42-31
O Cisne non puido traer nada positivo da pista do Bidasoa Irún onde perdeu por 42-31. Foi un partido no que os ataques mandaron cun ritmo de xogo moi alto.
Os galegos comezaron ben e mantiveron a igualdade durante moitos minutos. Mesmo chegaron a ter unha vantaxe de tres goles (12-15) pero a secuencia anotadora facía moi complicado seguir o ritmo marcado polo Bidasoa.
A igualdade durou ata mediado o segundo tempo. O acerto goleador do xuvenil Goka Nieto (10 goles) foi mermando a resistencia visitante e o Bisadoa conseguiu irse con seis goles de marxe (34-26) que xa serían definitivos.
42.- Bidasoa-Irun: Mehdi (Skrzyniarz), Zabala (2), Asier Nieto (4), Cavero (4), Matheus da Silva (3), Aginagalde (2), Ugarte (2), Rodrigo Salinas (6), Pacheco (2), Mujika (1), Víctor Rodríguez (1), Furundarena (1), Gorka Nieto (10), Dariel García (2), Mitic (2).
31.- Cisne Balonmano: Franzini (Kilian Ramírez), Carlos Álvarez (1), Arboleya, Arias (3), Cavalcanti (5), Álex Chan (5), De Moura, Franceschetti (1), Furtado (7), Ocaña, Pombo (2), Serrano, Javi Vázquez y Bruno Vázquez, Serrano (2), Dedu (5).