Borracheira ofensiva do Obradoiro, que ten media permanencia no peto
Borracheira ofensiva do Obradoiro, que ten media permanencia no peto
Derrotou a Gran Canaria por 106-97 nun recital de ataque por parte dos dous equipos
Sácalles dúas vitorias aos tres equipos que pechan a clasificación a catro xornadas para o final
O Obradoiro xogaba media permanencia e conseguiu o triunfo diante do Gran Canaria. Gañou por 106-97 nun partido en que os dous equipos xogaron a tumba aberta cara ao aro contrario.
O primeiro parcial amosou o tino do cadro santiagués. Liderados por un imparable Thomas Scrubb foise ata o 32-19. O acerto non minguou no segundo parcial (49-31, minuto 14) e as vantaxes estiveron preto dos vinte puntos (59-42 ao descanso).
O partido seguía polo mesmo camiño no terceiro cuarto ata que cun 78-57 o Gran Canaria comezou a recortar diferenzas. Fixo un parcial de 1-13 que rebaixou a diferenza ata a barreira dos dez puntos. E continuou coa escalada ata poñerse a só catro puntos con tres minutos por diante (86-82). Nese momento crucial o Obradoiro encadeou tres accións positivas (triplas de Scrubb e Robertson e canastra de Birutis) para volver a meter un +12 (94-82) definitivo.
Con catro xornadas por diante o Obra sácalles dúas vantaxes á zona de descenso, unha marxe que non é definitiva pero si dá moita tranquilidade.
📊 ¡Estadísticas FINALES del Monbus @OBRADOIROCAB 🆚 @GranCanariaCB!
— SuperManager ACB (@SuperManagerACB) April 24, 2022
3⃣3⃣ Thomas Scrubb
2⃣6⃣ Nico Brussino
2⃣0⃣ Kassius Robertson
1⃣8⃣ Khalifa Diop
1⃣8⃣ Miquel Salvó#LigaEndesa #SuperManagerACB pic.twitter.com/MepSsY2f2P