Publicador de contidos
Publicador de contidos

Borrás, condenada a catro anos e medio de cadea

Borrás, condenada a catro anos e medio de cadea

A expresidenta do Parlament tamén estará 13 anos inhabilitada

A sentenza considera probado que adxudicou contratos a dedo a un amigo

Antón Montero 30/03/2023 20:20 Última actualización 30/03/2023 20:33

Nada máis coñecerse a sentenza, Laura Borrás chegaba ao Parlament da man do seu home e da súa filla. Agardábana a plana maior de Junts, o expresidente da Generalitat Quim Torra e un cento de simpatizantes.

A expresidenta do Parlamento de Cataluña sostiña: "Esta sentenza non é firme nin xusta e non impedirá que siga traballando polo único obxectivo polo cal entrei en política, que é alcanzar a independencia de Cataluña".

O Tribunal Superior de Xustiza condenou a Borrás a catro anos e medio de cadea e a 13 de inhabilitación por adxudicar a dedo 18 contratos a un amigo cando estaba á fronte do Instituto das Letras Catalás.

Os xuíces explican que é a pena mínima que permite o Código Penal, pero admiten que é desproporcionada. Por iso, recoméndanlle ao Goberno que conceda un indulto parcial para evitar que entre na cadea.

Quim Torra pedía deixar vacante a presidencia da cámara: "Non podo imaxinar que ningún independentista poida asumir o cargo de presidente do Parlament despois desta sentenza", dicía o expresidente catalán.

A única reacción do Govern foi a da conselleira de Presidencia. A republicana Laura Vilagrá di que a sentenza acredita que a mala praxe non ten cabida nas institucións catalás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade