Cargando resultados...
Borràs, suspendida de cargo e acta, irá a xuízo por prevaricación
Borràs, suspendida de cargo e acta, irá a xuízo por prevaricación
G24.gal
28/07/2022 17:48
O Parlament de Cataluña suspende a Laura Borràs do seu cargo de presidenta da cámara e tamén da súa acta de deputada. Foi cos votos de Esquerra Republicana, o Partido Socialista e a CUP.
Toman esta decisión tras a apertura de xuízo oral polos presuntos delitos de prevaricación e falsidade documental. Borràs acusou os membros da Mesa do Parlament de actuar como xuíces e de ser, dixo, cómplices da "guerra contra o independentismo".