Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bota a andar a tempada de pesca fluvial coa apertura da veda para troitas e carpas

Bota a andar a tempada de pesca fluvial coa apertura da veda para troitas e carpas

O vindeiro 1 de maio abre para outras especies

En Galicia, 38.000 persoas teñen licenza en vigor

G24.gal 17/03/2024 12:29 Última actualización 17/03/2024 14:33

A tempada de pesca fluvial comezou este domingo en Galicia para as máis de 38.000 persoas con licenza en vigor de xeito xeral, con particularidades segundo as especies e os ríos. Prolongarase ata o vindeiro 31 de xullo, tamén con excepcións.

Polo momento, ábrese a veda para capturar troitas e carpas. Para outras especies, como os salmóns, a apertura é o 1 de maio.

Segundo figura na información distribuída pola Xunta, esta actividade poderase practicar dende unha hora antes de que salga o sol ata unha hora despois de que se poña.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, visitou o río Mandeo, en Aranga, e comentou algúns dos aspectos máis salientables da campaña.

Os luns seguirán a ser días inhábiles nos máis de 14.000 quilómetros de ríos galegos habilitados para a pesca, excepto os festivos nacionais ou autonómicos.

Os xoves serán hábiles unicamente para a modalidade sen morte en todas as masas de auga, excepto festivos nacionais ou autonómicos, que serán hábiles segundo a modalidade de pesca autorizada en cada zona.

Cotos e tramos

Galicia conta cun total de 132 cotos de pesca. Por provincias, á cabeza está a de Lugo, con 45, despois Pontevedra con 39, A Coruña con 31 e Ourense con 17.

Ademais, hai outros 141 tramos fluviais identificados para practicar a pesca sen morte: 57 en Lugo, 36 en Ourense, 32 na Coruña e 26 en Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos