Publicador de contidos
Publicador de contidos

Brais Méndez podería estar ata tres meses sen poder xogar

Brais Méndez podería estar ata tres meses sen poder xogar

O ex-xogador do Celta sofre unha fractura de cúbito

G24.gal 11/12/2023 14:06 Última actualización 11/12/2023 16:21

A vitoria por 0-3 ante o Vilarreal deixou secuelas na Real Sociedade polas lesións de dous futbolistas que se viron obrigados a retirarse do terreo de xogo con molestias, casos de Brais Méndez e Igor Zubeldia, aínda que o caso do primeiro xerou máis preocupación ao abandonar o céspede cos visibles xestos de dor.

O centrocampista recibiu unha forte patada no brazo por parte de Capoue cando estaba no chan e tivo que pedir o cambio pola dor que lle provocaba o golpe na zona do cúbito e o radio. Nese momento saltaron as alarmas nos servizos médicos do club donostiarra.

As probas confirmaron o peor dos escenarios, tal e como comunicou a Real Sociedade a través dos seus medios oficiais. Desta forma, o club informou de que "Brais Méndez sufriu un traumatismo no antebrazo dereito durante o partido Vilarreal-Real Sociedade" e que presenta, polo visto nas  radiografías, "unha fractura diafisaria de cúbito". Brais pasará polo quirófano o vindeiro martes en Barcelona. Podería estar ata 3 meses sen poder xogar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar