Bruxelas da a benvida á futura conexión enerxética con Francia
Bruxelas da a benvida á futura conexión enerxética con Francia
A Comisión amósase disposta a custear parte da obra pero quere coñecer os detalles
O BarMar podería entrar na lista de Proxectos de Interese Común para a UE
A Comisión Europea deu este luns a súa benvida ao acordo entre España e Portugal con Francia para construír unha nova interconexión enerxética. O xa coñecido como BarMar, o futuro cano entre Barcelona e Marsella para transportar gas e hidróxeno, podería recibir financiamento europeo.
A Comisión Europa celebra o acordo político entre os tres países, acadado no pasado Cumio. Bruxelas dálle a benvida ao cano submariño entre Barcelona e Marsella, adaptado ao hidróxeno verde, para substituír o polémico gasoduto MidCat. A Comisión amósase disposta a custear parte da obra pero tamén quere coñecelos detalles, segundo confirma o portavoz da Comisaría de Enerxía.
O xa coñecido como BarMar podería entrar na lista de Proxectos de Interese Común para a UE e recibir financiamento comunitario se axuda á descarbonización do continente. A subministración de hidróxeno verde ao longo do cano entraría nesta categoría. Pero non se só transporta gas. Por iso Bruxelas agarda que os tres países concreten o proxecto nos vindeiros meses.