Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen rastro do tripulante da embarcación que caeu ao mar na Costa da Vela

Sen rastro do tripulante da embarcación que caeu ao mar na Costa da Vela

Salvamento Marítimo recuperou a embarcación que envorcou á altura de Punta Couso

O desaparecido é Gustavo González Malvido, de 42 anos, moi coñecido no Morrazo

G24.gal 13/04/2024 08:44 Última actualización 13/04/2024 21:28

Continúa a busca do tripulante dunha planadora que caeu ao mar na Costa da Vela na tarde do venres. Salvamento Marítimo conseguiu recuperar a embarcación pouco despois do accidente que se rexistrou en Punta Couso por mor dun golpe de mar.

Segundo o 112, un particular alertou antes das oito do serán que acababa de presenciar como unha embarcación de recreo envorcaba á altura da parroquia do Hío, en Cangas. Asegurou que o tripulante caera ao mar e, no momento da chamada, xa non conseguía localizalo na auga.

Deseguido, activouse un operativo coordinado por Salvamento Marítimo, no que participan o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e membros de Protección Civil de Cangas.

Desde primeira hora deste sábado, o Helimer Galicia retomou a busca. Logo das dez da mañá foi relevado polo helicóptero da Garda Civil que  dispuxo na zona medios terrestres e marítimos.

No operativo tamén participaron amigos mergulladores do desaparecido que rastrexaron o fondo de Pozo Negro onde se lle viu por última vez pescando robaliza.

As once e media da maña embarcacións de pesca atoparon no mar fronte á Caracola unha mochila e unha cazadora, polo que a busca se vai intensificar nese punto, e nos lugares que vaia apuntando o simulador de correntes.

O helicóptero Pesca 1 da Xunta e as alcaldesas de Moaña e Cangas participaron na busca  e acompañaron a familia ata as catro da mañá. Cumpridas xa 24 horas do naufraxio, os esforzos do operativo resultaron polo de agora infrutuosos. 

Moi coñecido no Morrazo

O desaparecido é Gustavo González Malvido, un veciño de Moaña de 42 anos, moi coñecido en todo O Morrazo porque a súa familia rexenta un bar na parroquia moañesa de Meira. A súa embarcación foi remolcada ao porto do Berbés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade