Buscan o autor da mensaxe que atoparon nunha botella na praia da Lanzada
Buscan o autor da mensaxe que atoparon nunha botella na praia da Lanzada
Carme e Óscar atoparon a botella mentres paseaban pola praia da Lanzada
A mensaxe está escrita en portugués e ten data de 2010
Propuxéronse o reto de atopar o autor ou autora da misteriosa mensaxe
Atopar o autor da mensaxe que atoparon nunha botella na praia da Lanzada. Ese é o reto que se marcaron Carme e Óscar, unha parella de mozos que fixeron o achado o domingo mentres paseaban polo areal. É unha frase en portugués, con data do 1 de abril de 2010.
Na antigüidade empregábanse botellas seladas para coñecer o comportamento das correntes mariñas. Unha delas, probablamente tras os últimos temporais, deixou no areal da Lanzada esta, que atoparon Carmen e o seu mozo, Óscar, o domingo mentres paseaban pola praia.
A enigmática mensaxe, escrita en portugués, semella unha felicitación da Pascua. Está datada en abril de 2010. O papel é un fragmento dunha revista que editaba unha coñecida cadea de alimentación e que deixou de publicarse en 2017. Son todas as investigacións que fixeron Óscar e Carme ata agora. Pero a súa curiosidade e ambición vai máis alá e marcáronse como reto dar co autor da misteriosa mensaxe.
Ás veces os soños cúmprense, estaremos pendentes.